A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, destaca “o interese do equipo de goberno por dar a coñecer a nosa riqueza xeolóxica. Non podemos esquecer que en Burela comeza a rasa cantábrica e que contamos con pregues e formacións espectaculares”.
A edil socialista lembrou que “o pasado verán organizamos rutas guiadas e volveremos telas neste 2017, no que tamén contaremos con grupos escolares”.