Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo de rapaces e rapazas do CEIP Virxe do Carme de Burela participaron xunto ás monitoras de Gaia nunha actividade denominada R que R para celebrar o día mundial do consumo responsable

IMG_20170315_115258Burela, 15 de marzo de 2017. Hoxe, 15 de marzo, celébrase o Día Mundial do Consumo Responsable, dende Concellería de Medio Ambiente burelesa Gaia organizou unha actividade R que R, que se levou a cabo esta mañá cos alumnos de 3º de Primaria do CEIP Virxe do Carme.

Noelia Mª Ben, concelleira de Medio Ambiente, destaca que “con esta actividade pretendemos que os rapaces reflexionen sobre o que significa ser un consumidor responsable e as consecuencias que ten para o medio ambiente a nosa actitude consumista, de usar e tirar. A actividade consistiu nunha pequena charla e dous xogos: Cada ovella coa súa parella e O tren dos residuos”.

A edil socialista engade que “no primeiro xogo Cada ovella coa súa parella, os rapaces, cada un cunha tarxeta que podía ser unha imaxe dunha materia prima ou dun produto elaborado, tiñan que buscar ao compañeiro co que facían parella. Deste xeito descubriron como as materias primas pódense esgotar, xa que se utilizan para fabricar moitos dos obxectos da nosa vida cotiá”.

A concelleira de Medio Ambiente conta que “no segundo xogo O tren dos residuos tiñan tamén unhas tarxetas, nunhas estaban representados os distintos contedores do lixo e no resto multitude de obxectos/residuos. Un rapaz era a locomotora do tren, era o que levaba a ficha do contedor, e o resto tiñan que elixir as tarxetas dos obxectos que se poden tirar nel e formar os vagóns. Se algún rapaz collía un residuo que non pode tirarse nese recipiente ese vagón descarrilaba. Deste xeito tan lúdico fixemos unha vez máis fincapé no tema da reciclaxe”.

Ao remate da actividade todos os participantes recibiron un folleto de Sogama sobre as 3R.

Exit mobile version