Site icon Crónica3.com A Mariña

Viaxe cultural da escola de maiores de Xove a Ponferrada

Este mércores 40 persoas da Escola de Maiores do Concello de Xove fixeron unha viaxe cultural a Ponferrada. Pola mañá, pasearon polo casco histórico da cidade, percorrendo nunha visita guiada as súas rúas, prazas e visitando o Castelo dos Templarios, o Museo do Bierzo e a Torre do Reloxo; xa pola tarde, visitaron o Museo da Radio de Luis del Olmo e a Basílica da Virxe da Encina. Estiveron acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad e a Educadora Familiar e encargada da Escola, Angélica Casabella.

Exit mobile version