Ao descanso chegouse co 1-0 e na continuación o Pescados Rubén Burela saltou á pista con maior intensidade e pechando mellor as saídas ao contragolpe do Rubí. No minuto 25 Cilene ampliou a renda local cun disparo potente e raso ante o que Nerea nada puido facer. Co 2-0 a escuadra burelesa tranquilizouse e soubo frear mellor os contragolpes das catalás que non conseguían xerar perigo en ataque posicional. Tras varias acometidas laranxas chegou o 3-0 con Dany outra vez como protagonista, minuto 34, con disparo raso e cruzado. Acto seguido as visitantes optaron polo xogo de cinco e a mellor ocasión foi para o Burela pero Dany atopouse co pau. Insistiu o Rubí con porteira xogadora e o Burela tamén tomou a mesma decisión pero con maior acerto. Cilene cun gran disparo marcou o 4-0 que selou definitivamente o partido.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Bea Mateos, Shiori -cinco inicial- Judith, Elvira, Lara, Sofía, Silvia.
Sportiu Rubí: Nerea, Tosti, Gloria, Alba, Arantxa -cinco inicial- Domi, Ainoa, Laia.
Goles: 1-0; m.2, Dany; 2-0, m.25, Cilene; 3-0, m.34, Dany; 4-0, m.38, Cilene.
Árbitros: Pérez Torrecilla, Moreira Bermúdez da Coruña. Cartón amarelo a Bea Mateos e Dany do Pescados Rubén Burela. Cartón amarelo a Nerea do Sportiu Rubí.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 21 da Primeira División. Disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 300 espectadores.