Estas xornadas lévanse a cabo todos os mércores do mes de marzo, en horario de 20:00 a 21:00 horas, no local sito na Rúa Rosalía de Castro nº44, baixo, galería porta 2, en Burela. Son impartidas polo mestre en artes marciais Miguel Ángel Rojo, que conta cun amplo currículo no eido da Defensa Persoal.
No inicio das xornadas de defensa persoal e de protección contra a violencia de xénero estivo a concelleira de Igualdade, Patricia Otero.