Site icon Crónica3.com A Mariña

104 alumnos e profesores do Colexio de Cervo realizarán unha visita ás instalacións da asociación de saúde mental A Mariña

A marabillosa mente de Alicia (1)Coñecerán de primeira man as actividades que realizan e as persoas que pertencen a ela. A visita deste venres 28, rematará coa representación da obra teatral “A marabillosa mente de Alicia” por parte dos usuarios da entidade. Esta é a primeira dunha serie de actividades organizadas pola asociación A Mariña para sensibilizar á cidadanía e loitar contra o estigma das enfermidades mentais, que comprende dende exposicións de pintura ata charlas en colexios e representacións teatrais por diversas localidades da comarca das Mariñas.

Exit mobile version