Site icon Crónica3.com A Mariña

14 expertos participarán nas xornadas de urbanismo que organiza o Goberno da Deputación no Pazo de San Marcos

IMG_2799Lugo, 25 de abril de 2017.O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Argelio Fernández Queipo, inaugurou este martes as Xornadas de urbanismo na provincia de Lugo que organiza o Executivo Provincial en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Colexio Oficial de Arquitectos en Galicia (COAG), durante os meses de abril, maio e xuño no Pazo de San Marcos. Fíxoo xunto ao Presidente da Delegación en Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Raúl Veiga Lamelas, e ao Director académico do curso, Juan Raposo Arceo.

Fernández Queipo destacou que “dende o Goberno da Deputación organizamos estas xornadas de urbanismo co obxectivo de mellorar os nosos servizos de Asistencia aos Concellos e poñer ao alcance dos municipios da provincia o maior número de recursos formativos, co fin de fomentar a comprensión e mellorar a actuación administrativa, nun momento coma este, de importantes cambios e novidades lexislativas no referente ao urbanismo.”

A II edición das Xornadas de urbanismo na provincia de Lugo tratará o novo marco normativo de urbanismo en Galicia, centrándose principalmente na Lei 2/2016 do Solo, o seu regulamento e o regulamento de actividades. Este ano as conferencias contan con 52 horas distribuídas en 13 xornadas lectivas de 4 horas de duración e nas que participarán 30 alumnos.

Nas xornadas intervirán os principais e máis salientables actores do mundo urbanístico, tanto a nivel técnico coma xurídico, entre os que se encontran arquitectos, xuristas, e especialistas na materia, que realizarán unha profunda revisión e formación sobre os últimos regulamentos urbanísticos.

Programación e Poñentes
Todas as xornadas terán lugar de 16:00 horas a 20:30 horas, cun descanso de 30 minutos, no Salón de Actos da Deputación.

Abril:
– O 25 de abril Juan Raposo Arceo sobre A Lei 2/2016 do Solo de Galicia e o seu Regulamento. Introdución. Fundamentos xerais, obxectivos, principais novidades.
– O 26 de abril Helena Mosquera García sobre Clases de Solo (I). Solo Urbán. Solo Urbanizable.

Maio:
– O 2 de maio María José Valenzuela Rodríguez e Carmen Rodríguez Andrade sobre Clases de Solo (II). Solo Rústico. Solo de Núcleo Rural.
– O 3 de maio Alfonso Díaz Revilla sobre Os Plans Xerais.
– O 9 de maio Óscar Peña Sánchez sobre O Planeamento de desenrolo na ley 2/2016.
– O 10 de maio Berta Rosón López sobre A xestión do planeamento. Regras xerais de equidistribución. Áreas de Reparto. Aproveitamento tipo. Polígonos de execución.
– O 15 de maio Carlos Pérez Gónzález sobre Actuacións Sistemáticas.
– O 16 de maio José Ángel Oreiro Romar sobre Actuacións asistemáticas. Estudos de detalle.
– O 23 de maio Ignacio Soto González sobre As licencias urbanísticas e outras formas de intervención administrativa. Caducidade das licencias. Revisión e nulidade de licencias. Acción pública.
– O 24 de maio Vanesa Gómez Pacheco sobre Comunicacións previas e Declaración de ineficacia da declaración previa.
– O 30 de maio José María Domínguez Blanco sobre Disciplina Urbanística.
– O 31 de maio Almudena Fernández Carballal sobre O deber de conservación e ruina. Órdes de execución. Fóra de ordenación.

Xuño:
– O 7 de xuño haberá unha Mesa Redonda para clausurar as Xornadas de urbanismo na provincia de Lugo.

Exit mobile version