Site icon Crónica3.com A Mariña

6 medallas acadadas polos atletas do C.D.Egovarros-Viveiro, no campionato galego de milla en ruta

Viveiro 10-4-17. Desenvolveuse o pasado sábado no concello de O Pino, o Campionato Galego de Milla en Ruta, cun gran ambiente atlético e un tempo moi propicio para o desenvolvemento da proba , contando cunha grande participación de atletas da maioría dos clubes galegos.

A proba deu comenzo ás 8:30 da tarde, transcurrindo de maneira ininterrumpida ata as 22:00 horas, onde os atletas do clube viveirense se fixeron con 6 medallas: 2 ouros, 3 pratas e 1 bronce. Os campeóns galegos foron, na categoría femenina: en W50, Susana Parguiña, proclamándose tamén campeón galego en M70 o seu compañeiro Fernando Ramos, os subcampeóns foron, en categoría femenina: en W65 Mari Luz San Martin e os seus compañeiros de clube en M45, Marcelo Vasquez e en M65, Domingo Alvarez; a outra integrante do clube Egovarros que se subíu ó podium foi Begoña de Arriba en W60, que acadou o tercer posto.

A próxima proba na que estarán presentes atletas do Egovarros-Viveiro, será o Campeonato Galego de Maratón, que se celebrará o vindeiro 23 de abril na Coruña.

O pasado venres tivo lugar a Gala do Atletismo Galego da tempada 2016 que se desenvolveu na Pobra do Caramiñal, onde catro atletas do clube Egovarros-Viveiro, foron premiados en dita gala, destacando a Jose Vicente Rioseco que foi premiado como o mellor atleta veterano da tempada 2016, xunto a él tamén foron premiados os atletas do clube viveirense, Susana Parguiña, Begoña de Arriba e Antonio Cabana.

Exit mobile version