Site icon Crónica3.com A Mariña

A APEHL convoca en Foz unha xornada informativa sobre lexislación relativa ao sector

Lugo 21-4-17. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) impartirá unha nova reunión informativa, no marco do seu ciclo de charlas sobre a normativa vixente que afecta directamente ao sector, o vindeiro luns 24 de abril en Foz.

A xornada terá lugar ás 18:00 horas na Casa da Cultura, situada na avda. de Lugo s/n, e contará coa presenza da xefa da Área de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo, Paloma Vázquez Fernández; do capitán da Garda Civil, José López Ginzo; do tenente adxunto da Compañía de Burela, David Cobas Torrejón; dun representante do Concello de Foz, e do presidente da APEHL, Cheché Real.

Ademais, darase a coñecer o labor que se realiza dende a APEHL e os servizos cos que contan os socios e aproveitarase a ocasión para intercambiar opinións e experiencias entre os asistentes.
A entrada é libre tanto para asociados como para calquera persoa que estea interesada.

Exit mobile version