Site icon Crónica3.com A Mariña

A APEHL explica aos hostaleiros de Foz a lexislación do sector

foto_fozFoz 25-4-17.A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) impartiu este luns, na Casa de Cultura de Foz, unha nova reunión informativa sobre a normativa vixente que afecta directamente ao sector.

Na xornada, inmersa nun ciclo de charlas que terán lugar en diferentes localidades da provincia, estiveron presentes o alcalde do Concello de Foz, Javier Castiñeira; o tenente adxunto da Compañía da Guardia Civil de Burela, David Cobas Torrejón; o cabo primeiro de Foz, Enrique Graña, e o presidente da APEHL, Cheché Real.

Carmen Abuín, persoal técnico da APEHL, informou aos asistentes de temas como diferenzas entre café-bar, cafeterías e restaurantes; listas de prezos, horario de peche, rexistro de viaxeiros, dereito de admisión, rexistro horario de traballadores ou follas de reclamación, entre outros.
Ademais, deuse a coñecer o labor que se realiza dende a APEHL e os servizos cos que contan os seus asociados. O alcalde de Foz agradeceu a Cheché Real a súa implicación na promoción turística a nivel nacional e internacional e o seu interese por achegar aos profesionais do sector toda a información que lles afecta.

Exit mobile version