Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellaría de mocidade e a Omix de Ribadeo organizan varias actividades para @s máis nov@s durante a vindeira semana santa

Ribadeo, 3 de abril de 2017. Un obradoiro de origami, un contacontos e unha xornada lúdica son as propostas do Concellaría de Mocidade e da OMIX para @s máis nov@s durante a vindeira Semana Santa.

Mozos e mozas a partir de 10 anos poderán acudir os días 10, 11 e 12 de abril en horario de 11:30 a 13:30 horas á Casa da Xuventude a un obradoiro de origami. As prazas son limitadas. A inscrición, que é gratuíta, pode facerse na propia Casa da Xuventude.

O 10 de abril haberá un contacontos na Biblioteca Municipal a partir das 17:30 horas. Sole Felloza chega a Ribadeo co seu Calendario de contos. A entrada é gratuíta. A actividade enmárcase no ciclo Ler conta moito.

E o 11 de abril de catro a sete da tarde no parque de San Francisco terá lugar unha xornada lúdica con inchables, carpa multimedia, animación musical e obradoiros. Desde a Concellaría de Mocidade advirten de que “se o tempo non acompaña o evento trasladarase ao pavillón de deportes”.

Exit mobile version