Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación colabora un ano máis co Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

IMG_0491Lugo 18-4-17. A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, presentou este martes a V edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea que tivo lugar no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. Fíxoo xunto ao Director do Festival Outono Fotográfico, Xosé Lois Vázquez, ao Coordinador do Premio, Vítor Nieves, e ao Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo. O organismo provincial colabora cunha achega económica de 2.000 euros para a celebración deste certame fotográfico.

O prazo de presentación das obras será do 19 de abril ao 15 de setembro e deberán enviarse por correo á Difusora de letras e ideas, Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. Rúa Bedoya, 5-1º drta. 32004 Ourense. Co proxecto fotográfico gañador producirase unha exposición temporal e realizarase a edición dun libro coa selección das mellores fotografías.

Exit mobile version