Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta impulsa en Viveiro a activación das mesas locais contra a violencia de xénero

Viveiro, 6 de abril de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu en Viveiro un encontro destinado a activar as mesas locais de coordinación contra a violencia de xénero a través do intercambio de boas prácticas. Na reunión, organizada pola Xunta, participaron 15 concellos da provincia.

Con esta iniciativa, a Xunta segue avanzando na definición dun modelo de traballo práctico e eficaz para as mesas locais, uns traballos que arrancaron en 2015 coa publicación e divulgación da Guía práctica para a constitución das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero (MLC). A segunda fase de activación das mesas locais comezou en 2016, no último trimestre, cunha diagnose global sobre a situación das mesmas e continúan agora, con esta serie de encontros de intercambio de boas prácticas.

Exit mobile version