Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado do IES Monte Castelo participou nunha actividade de bioloxía mariña. A cita enmárcouse nas saídas interpretativas cos centros de ensino, que xestiona a concellería de medio ambiente de Burela

280417 Foto bioloxía mariña BurelaBurela, 28 de abril de 2017. Onte realizouse unha actividade de bioloxía mariña co IES Monte Castelo, englobada dentro dunha serie de saídas interpretativas cos centro de ensino, xestionadas pola Delegación Municipal de Medio Ambiente, a través dos fondos europeos destinados ao GALP A Mariña-Ortegal.

Segundo explica a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, “nesta actividade participaron 21 rapaces dos cursos 4º ESO e 1º de Bacharelato e consistiu nunha descuberta do intermareal na zona do Perdouro. Aproveitando as horas de marea baixa a bióloga Laura Carquijero acompañou aos rapac@s explicando a biodiversidade mariña deste lugar. Inicialmente fíxose unha exposición de porqué e cómo se producen as mareas, os grupos biolóxicos máis representativos deste ecosistema mariño e as súas adaptacións a este ambiente tan cambiante. Despois, eles mesmos foron buscando diferentes organismos da zona e, por último, unha posta en común de todo o visto. Ao final da actividade os profesores do centro propuxeron unha limpeza na zona areosa, retirándose algunhas bolsas de refugallos”.

Noelia Mª Ben destacou que “os obxectivos destas actividades son dar a coñecer a riqueza biolóxica do intermareal rochosa da zona de Burela, diferenciar os diferentes grupos de organismos que habitan esta zona (moluscos, poríferos, crustáceos, peixes, etc), fomentar a capacidade de observación e busca e, por último, concienciar e sensibilizar sobre o problema da contaminación antrópica nas zonas costeiras”.

Exit mobile version