Site icon Crónica3.com A Mariña

Ana Romero reincorpórase ao Pescados Rubén

anaromero-regreso17Burela 21-4-17. A meta Ana Romero (Yecla, 1994) reincorpórase ao Pescados Rubén Burela FS para afrontar a recta final da tempada. A murciana, que xa defendeu os intereses laranxas a comezo de 2016-17, regresa á entidade mariñá tras cumprir cos seus compromisos laborais e académicos en Inglaterra e na súa terra natal.

“Presentóuseme a opción de volver e aproveiteina porque me parece unha grande oportunidade para rematar a liga, buscando un empurrón para a Copa de España. Espero conseguir o mellor con este equipo y con moitos ánimos e forzas” confesaba a 12 burelista.
Ana Romero xa puido adestrar de novo onte coas súas compañeiras e poderá estar dispoñible para o encontro do sábado, con Leganés Masdeporte (Vista Alegre, 18.30 horas): “O reencontro foi xenial; agradécese un recibimento así, cos brazos abertos, sobre todo ao estar lonxe da casa. Oxalá teñamos sorte na Copa; temos moitas ganas” explicaba a porteira, moi ilusionada.

Exit mobile version