Site icon Crónica3.com A Mariña

Campaña dia da nai CCHV .“Un diamante para mamá”

Viveiro 27-4-17. A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste venres 28 de Abril a Campaña do Dia da Nai. Ó igual que nos dous últimos anos e debido ó gran éxito que tivo esta campaña, sorteamos un fantástico diamante, unha espectacular xoia ca que agasallar ás nosas nais.

O obxetivo é seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar esta data, un premio único para unha persoa única.. as nais.

Os interesados poderán participar entregando un tícket de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 10€, na carpa que se instalará na Praza da Fontenova o sábado día 6 de Maio.

No reverso do tícket poñerán os seus datos de contacto e depositarano na urna habilitada ó efecto. O horario será de 11 a 14 horas e de 17:30 a 20:30 horas.

Os tíckets serán válidos polas compras realizadas dende o venres 28 de abril ata o sábado 6 de Maio.
Só se poderá participar con tíckets de valor de 10€ ou superior (non se permite a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 10€)

O sorteo realizarase o luns 8 de maio ás 16:30 horas nas oficinas da Asociación, comunicándoselle de inmediato ó gañador. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador.

Os obxetivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación, son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zona para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.
As bases do sorteo e toda a información pódese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfil de Facebook, Twitter e Instagram.

Exit mobile version