Site icon Crónica3.com A Mariña

Centos de persoas manifestanse en Xermade para esixir á Xunta o arranxo da estrada autonómica LU-170 entre Cabreiros e Momán

MANIFESTACION XERMADE3Xermade (Lugo), 22 de abril de 2017.- O Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas cualificou de éxito a convocatoria que se realizou dende o Concello, para esixir á Xunta o arranxo da estrada autonómica LU-170, entre Cabreiros e Momán. Neste acto participaron os grupos do PP e BNG con representación neste concello.

Roberto García lembrou na súa intervención que “esta estrada ademais de ser perigosa, ten paralizado o polígono industrial da vila, xa que os transportes especiais non poden acceder ao mesmo, dificultando así o desenvolvemento de Xermade”.

Emprazou á Xunta e ao Goberno de Feijoo a tomar nota desta manifestación “os veciños de Xermade queremos ser escoitados dunha vez, queremos ser cidadáns de primeira”, insistiu.

A manifestación, comezou ca lectura dun manifesto que correu a cargo do profesor e veciño de Xermade, Juan Carlos Viveiro López, no que demandou unha solución a este vial, e anunciou que as mobilizacións seguiran senón se arranxa esta estrada.

A convocatoria, que tivo lugar na praza do Concello, asistiron centos de veciños da contorna, así como Alcaldes e deputados do PSOE. Concretamente participaron os rexedores dos municipios coruñeses de A Capela; Manuel Meizoso, e de Monfero; Andrés Leal. Tamén estiveron presentes o Alcalde e Tenente de Alcalde de Muras; Manuel Requeixo e Mario Rouco, así como o de Ourol; Jose Luís Pajon. Houbo ademais representación das corporacións de Viveiro, As Pontes, Guitiriz e Vilalba, e da Federación Veciñal da Provincia.

Ao acto reivindicativo, asistiron deputados autonómicos do PSdeG-PSOE; Concepción Burgo, Luís Álvarez e Jose Manuel Pérez Seco, e a deputada no Congreso, Margarita Pérez Herraiz.

Exit mobile version