Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia pide ao goberno da Xunta que implante un protocolo de vixiancia e salvamento nas praias para estas datas festivas

Compostela 12-4-17. O secretario xeral de CxG, Juan Carlos Piñeiro, vén de facer unhas declaracións nas que pide o goberno da xunta que active un protocolo de vixilancia nas praias galegas para estes días de festa. “Desde Compromiso pensamos que é unha temeridade que os nosos areais fiquen sen persoal de salvamento durante esta semana, xa que se ó aumento de visitantes e turistas, sumamos os desprazamentos de galegos que aproveitando os días de festa e a boa climatoloxía que vivirá Galicia nestas datas, poden facer uso das praias, non sería lóxico que nas mesmas non houbera persoal cualificado para facelas máis seguras”.

Piñeiro sinalou para rematar que “ esta falta de medidas cara un sector estratéxico como é o turístico non vén máis que a ratificar que o gobernos do señor Feijoo traballa a impulsos e sen un plan ben elaborado que potencie un dos sectores que debera ser dos principais motores da economía galega, xa que poría en valor os numerosos km. de costa que temos no país, diferenciando a Galicia co resto de pobos do estado, pois ofreceríamos uns servizos que os demais non ofrecen.”

Exit mobile version