Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega e Jaime de Olano reúnense coa xunta directiva da federación de comercio de A Mariña

Daniel Vega coa Federación Comercio A MariñaSantiago, 7 de abril de 2017.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega, acompañado do deputado no Congreso Jaime de Olano e o presidente do PP de Viveiro, Antonio Bouza, reuniuse esta mañá coa Xunta Directiva da Federación de Comercio de A Mariña, encabezada polo su presidente, Ángel Vázquez.

O obxectivo deste encontro foi “escoitar as inquedanzas do día a día da Federación de Comercio de A Mariña, unha entidade moi importante como promotora e xeradora de emprego”, salientou o deputado popular. Neste sentido, apuntou que “co seu traballo colabora no asentamento de poboación nos diferentes concellos e impulsa economicamente a comarca”.

“Desde o Partido Popular consideramos necesario e importante estar en permanente contacto co traballo que desenvolven este tipo de entidades, facilitando unha relación de intercambio de iniciativas e propostas”, dixo Daniel Vega.

Ademais, considerou “necesario render contas do traballo que se está a realizar desde as diferentes institucións, neste caso desde o Parlamento de Galicia e o Congreso dos Deputados, para que saiban que nestas cámaras poden facer chegar a súa voz a través dos seus representantes políticos”.

Exit mobile version