Site icon Crónica3.com A Mariña

Destacado papel do Colexio Martínez Otero no campionato provincial de bádminton

BÁDMINTON_MARTÍNEZOTERO_PROVINCIALFoz. 24-4-17. O domingo 23 de abril, na vila de Mondoñedo, celebrouse o campionato provincial de bádminton. Este evento reuniu aos mellores xogadores da provincia. O Colexio Martínez Otero participaba cunha ampla delegación, que xa copara todos os premios do campionato comarcal, e os resultados non poderían ter sido máis positivos.

Destacamos os seguintes:

-1º posto na categoría cadete feminina de Irene García
-1º posto na categoría infantil feminina de Antía Castiñeira
-2º posto na categoría infantil masculina de Marcos Rivas
-3º posto na categoría cadete masculina de Andrés Fernández

Destacamos tamén os cuartos postos acadados por Chiara Maierú e Anxo Delgado na categoría infantil.

Exit mobile version