Site icon Crónica3.com A Mariña

Este luns deron comezo as obras de asfaltado na rúa Arcadio Pardiñas. Ramiro Fernández Rey pide que o martes non se aparque nesa vía

IMG-20170424-WA0030Burela, 24 de abril de 2017. Comezaron, tal e como estaba previsto, as obras de asfaltado na rúa Arcadio Pardiñas, desde a súa intersección coa rúa do Ril ata Academia A Mariña. Hoxe realizouse o treito no que non hai prazas de aparcamento e a partires de mañá serán na outra marxe. Desde a Concellería de Obras, Ramiro Fernández Rey, pide que “desde mañá a primeira hora non se aparque en Arcadio Pardiñas para poder levar a cabo o asfaltado dese treito. Xa dixemos a semana pasada que en dous ou tres días sería complicado aparcar neste viario e mantémolo. Pedimos tamén paciencia aos veciños e veciñas, pero as obras non se poden acometer sen ocasionar algún tipo de molestia. Nós tentaremos que sexan as menos posibles”.

Unha vez que rematen en Arcadio Pardiñas as obras seguirán pola rúa dos Matos, Burela de Cabo, a rúa do Torno e por Vila do Medio, que son outras actuacións que tamén eran moi necesarias.
O edil socialista lembra que “se trata dunha actuación moi importante e necesaria en varias rúas que estaban moi deterioradas e que despois da realización destas obras quedarán en perfecto estado mellorando a imaxe e a seguridade no pobo”.

A inversión nestes traballos ascenden a preto de 150.000 euros e son financiados pola Deputación Provincial de Lugo e polo Concello de Burela.

Exit mobile version