Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito total dos atletas do C.D. Egovarros-Viveiro no campeonato galego de maraton no que acadaron 5 medallas de ouro

Captura de pantalla 2017-04-24 a las 11.59.49 p. m.Viveiro 24-4-17. Este domingo desenvolveuse na Coruña unha nova edición do campeonato de Galicia de Maratón, con un bo numero de atletas de distintos clubes de Galicia.
O percorrido desenrolouse polas rúas da Coruña nunha mañá de excelente temperatura para a práctica do atletismo, donde os atletas do clube da cidade do Landro, acadaron 5 campeonatos de Galicia nas distintas categorías.

No apartado femenino, Isabel Brea en W 65 fíxose có campeonato galego batindo o record da proba en máis de dous minutos, deixándoo nun tempo de 4 horas 17 minutos e 52 segundos, Manuela Guisasola en W 55 foi campeona Galega cun tempo de 3 horas 49 minutos 52 segundos, Susana Parguiña en W 50 tamén subíu o podium en primeira posición cun tempo de 3 horas 55 minutos 56 segundos.

No apartado masculino os seus compañeiros de clube Antonio Cabana en M 75 con 77 anos cumpridos proclamouse campeon galego cun tempo de 4 horas 12 minutos 47 segundos, o seu compañeiro de clube Emilio Martinez en M 55 foi campeon galego con 2 horas 52 minutos e 20 segundos.

Na clasificación por equipos o equipo femenino do clube viveirense acadou o subcampeonato galego e na categoría masculina obtiveron o sexto posto.

Outros atletas do clube que estiveron a piques de subir ó podium, foron: Emilio Toral en M 60 que foi cuarto clasificado cun tempo de 3 horas 34 minutos 56 segundos, outro cuarto posto foi para o seu compañeiro de clube Eliseo López na categoría M 65, Rubén Vila na categoría de M 40 e Roberto Collazo na categoría de M 35 lograron rematar a proba por debaixo das 3 horas.

Exit mobile version