Site icon Crónica3.com A Mariña

Festa dos Xubilados Concello do Valadouro

O vindeiro 14 de Maio (domingo), terá lugar o “XXV FESTA DOS XUBILADOS DO CONCELLO DO VALADOURO”, para todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas, e poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes. Os actos comezarán ás 12,30 horas coa celebración dun oficio relixioso na Igrexa Parroquial de “Sta. María” de Ferreira, seguido do xantar no Pavillón Municipal.
As persoas interesadas en participar en dito evento deberán inscribirse nas Oficinas Municipais dende o día 2 ao día 10 de maio.

Exit mobile version