Site icon Crónica3.com A Mariña

Gaia segue a organizar estes días actividades para conmemorar o día da terra, que se celebrou o 22 de abril

250417 Foto partido PlanetaBurela, 25 de abril de 2017. As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia, en colaboración con Sogama, realizaron onte pola mañá un xogo titulado Un partido polo Planeta na Asociación A Mariña. Segundo explicaron “a actividade levouse a cabo para conmemorar o Día da Terra (22 de abril). Hoxe participará o 2º grupo na mesma actividade”.

Desde Gaia sinalan que “a dinámica do xogo é moi sinxela. Nun taboleiro de gran tamaño reprodúcese un campo de fútbol con porterías nas que os equipos teñen que marcar o gol do medio ambiente. Os participantes superaron unha serie de probas (preguntas,adiviñas,etc) nas que tiñan que dar boa conta dos seus coñecementos en ecoloxía, e máis concretamente na xestión e tratamento do lixo, ao tempo que tiñan que demostrar outras habilidades motoras”.

A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben dixo que “o obxectivo deste xogo é proporcionar pautas para xestionar correctamente os seus residuos”.

Exit mobile version