Site icon Crónica3.com A Mariña

HOMO CORRUPTUS

Observando o panorama político e social do Estado español, á vista dos últimos acontecementos espertouse o meu vena de estudioso da Prehistoria. Repasando a cadea de homínidos, dáme a impresión de que, dentro de miles de anos, os arqueólogos atoparán un novo e cada vez máis afianzado homo: o chamado homo corruptus, que será motivo de estudo e investigación. Cando observen e analicen o noso presente, cualificarán ao homo corruptus de espécime destrutivo, invasor, depredador e sen escrúpulos.que pouco a pouco foi extendendose.

O homo corruptus, polos datos que posuímos, extendeuse por España, aínda que está focalizado en Madrid, Cataluña, Comunitat Valenciana e Andalucía; e posúe ramificaciones importantes en Murcia e en Baleares, Galicia, Asturias, Cantabria…….ou sexa por todos os lados desta pel de toro que chaman España e ole.. O número de cachados de corruptus varía por días, pero calcúlase quemiles. De feito, cada vez aparecen máis. En canto ao seu xénero, poderiamos dicir que a maioría son varóns, aínda que emerge algunha muller relevante.

Entre as características máis peculiares do homo corruptus, a falta de investigacións pormenorizadas, podemos citar varias. En primeiro lugar, ser un experto manipulador na comunicación verborreica, ou sexa falar sen dicir nada e mentir a esgallo, ou manter a atención do público distraída, lonxe dos verdadeiros problemas sociais, cativada por temas sen importancia real. Nestes menesteres, o homo corruptus é especialista. En segundo lugar, outra das súas características é a súa afanada persistencia en ser o máis patriota, malia as súas prácticas corrosivas para o país e os seus habitantes. Finalmente, podemos citar outra das súas peculiaridades: autoproclamarse como auténticos líderes e modelos a seguir. Cuestión esta última difícil de soster si pensamos nalgúns casos de corrupción habidos na banca e no goberno.

O homo corruptus é un ente auténticamente desapiadado e sumamente egoísta. O seu obxectivo é perpetuar a súa especie e manter o seu liderado con este lema: ¿Que hai do meu? Primeiro son eu, despois son eu e, si sobra algo, tamén é para min. O homo corruptus ocupa habitualmente un cargo relevante en política porque, como din moitos deles, están aí para facernos un favor xa que, fóra deste ámbito, poderían gañar máis diñeiro. É quizais por iso que o favor que nos fan a todos cóbrannolo ben cobrado
Rápidamente estendéronse ao ámbito empresarial e ata ás altas esferas do Estado, aparecendo outra especie rara de homo, o denominado corruptus monarquifamilis. Os investigadores do futuro encherán follas e follas con estes dous especímenes. Farán un completo estudo dos seus clans e orixes, e dos seus espazos de actuación chamados partidos políticos. Comprobarán como o homo corruptus, auténtico depredador e especulador urbano, contou, para conseguir os seus fins, coa ignorante complicidade do resto da especie, votantes que levantaron a estes corruptus para ocupar cargos de responsabilidade.
Estes corruptus aplicaron moi ben a técnica de manter ao público na ignorancia e mediocridad, estimulándolle a ser complaciente con esa mesma mediocridad, forzándolle ao mesmo tempo á autoculpabilidad, facéndolle crer que é o culpable de todo o que acontece. Mentres, o homo corruptus segue estendendo as súas redes, enchendo arcas en paraísos fiscais.

Exit mobile version