Site icon Crónica3.com A Mariña

III Maratón de tute organizado por Burgo de Trasbar

Gañadores 1ª repescaTrasbar, 10 de abril de 2017. A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar vén de celebrar o III Maratón de tute. Esta actividade tivo lugar este sábado no local social de Trasbar e nunha carpa instalada na explanada a carón do local.

Esta é xa a terceira edición. Estamos satisfeitos de que aumentara a participación con respecto ao ano pasado, xa que cubrimos as 32 prazas dispoñendo de varias parellas de reserva. Este maratón comezou polas 17.30 h e rematou ás 07.30 h do domingo, xogándose unha final e dúas repescas.

A clasificación foi do seguinte xeito:

Na segunda repesca: segundo premio para Pablo e Germán e primeiro premio para Jesús Ribela e Mª Dolores

Na primeira repesca: Ramón e David, que pactaron con Pacolo e José Manuel

Na final: o cuarto premio para Abelardo e Santi; terceiro premio para Álvaro e Zulema; o segundo premio levárono Eladio e Torres; o primeiro premio foi para a parella formada por Adrián e Antonio, de Xove.

Agradecemos a participación de toda a xente que se apuntou e agardamos poder contar con todas as parellas no vindeiro maratón!!.

O noso agradecemento tamén para o Concello de Cervo pola súa colaboración e pola boa disposición que mostra sempre con esta asociación.

 

Exit mobile version