Site icon Crónica3.com A Mariña

Membros da Agrupación Cultural Francisco Lanza presentaron as súas propostas para este trimestre no que andamos

presentaciónRibadeo 24-4-17. Esta mesma semana, o xoves 27 ás 20.30 h na Casa das Letras, Ramón Lourenzo falará da súa obra Nunca paraíso. Teatro Breve (1973 – 2015) e terá lugar unha pequena lectura pública dunha escena escollida polo director do GTR, Toni Deaño.

Aínda sen data definitiva, presentarase tamén o libro de Farruco Graña, Badaladas de Anllóns
Xa no mes de maio, no Día das Letras Galegas, o Teatro de Ribadeo acolle a actuación do grupo PIRILAMPO, unha formación de nove membros que ofrecen un espectáculo de música para público infantil.
A Agrupación enceta así un novo ámbito de propostas, o dirixido aos nenos e nenas e vinculado ao proxecto APEGO, que busca potenciar e mellorar a transmisión do galego á novas xeracións.

Por outra banda, a reunión do club de lectura terá como protagonista o escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. A Agrupación rescata un clásico de Casares, Xoguetes para un tempo prohibido. Convídase a todas as persoas interesadas en ler ou reler esta obra, a comentala na reunión que terá lugar o día 25 ás 20.30 tamén como vén sendo habitual na Casa das Letras.

Non podemos esquecer que todos os primeiros sábados de mes se organiza unha andaina guiada por Teresa Díaz. Precisamente a do mes de xuño será especial posto que se percorrerá a zona de Rinlo e, ao remate, tomando un café, terá lugar a presentación do libro do escritor e percebeiro Suso Lista, Charamuscas.

Exit mobile version