Site icon Crónica3.com A Mariña

Membros da Asociación de axuda ó enfermo mental A Mariña viaxa con FEAFES Galicia a Asturias

A Mariña 6-4-17. Un total de 55 persoas pertencentes ás asociación de FEAFES GALICIA , veñen de participar nunha viaxe de tres días a Asturias, onde puideron visitar Xixón , Oviedo, Villaviciosa entre outras localidades da zona.

Os compañeiros que viaxaron cos usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña foron os das Asociacións Morea, Doa , APEM, AFAES Porta Nova, Alume, Alba, Avelaíña, Morea, Albores, Lenda e Andaina.

A viaxe comezou o pasado 4 de Abril, día no que puxeron rumbo a Ribadesella, unha pobodación típica asturiana a beiras do Río Sella. A continuación visistaron Villaviciosa, coñecida como a capital da mazá.

Xa ao día seguinte tocou visitar El Entrego, onde se puido ver o Museo da Minería que está situado nunha antiga explotación mineira e onde se lles ofreceu a posibilidade de descubrir a técnica e orixes dunha das principais industrias da comunidade asturiana.
Xa pola tarde tiveron visita guiada por Oviedo , onde tiveron a oportunidade de coñecer o Palacio de Congresos, o Campo de San Francisco, o Teatro Campoamor, sen esquecer o centro histórico, exteriores da Catedral, a praza Trascorrales, a praza do Concello, o Mercado, entre outros…

E hoxe, día de regreso tocou a visita de Xixón e Avilés. Dende logo unha viaxe moi concentrada pero moi completa , onde recargar pilas e aproveitar a coñecer compañeiros doutros lugares da nosa xeografía.
Con esta viaxe contribuimos a cumplir a nosa misión e a mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticadas de enfermidade mental.

Este venres celébrase o día Mundial da Saúde, sendo este ano adicado á depresión .

O Día Mundial da Saúde, que se celebra cada 7 de abril para conmemorar o aniversario da Organización Mundial da Saúde, ofrece unha oportunidade única para mobilizar a acción ao redor dun tema de saúde específico que preocupe ás persoas de todo o mundo. Por iso, este 2017, a OMS decidiu centrar a súa campaña do Día Mundial da Saúde na depresión.

A depresión afecta a persoas de todas as idades e condicións sociais e de todos os países. Aínda que actualmente está moi banalizada, a depresión provoca angustia mental e afecta á capacidade das persoas para levar a cabo mesmo as tarefas cotiás máis simples, o que ten en ocasións efectos nefastos sobre as relacións coa familia e os amigos e sobre a capacidade de gañarse a vida.

De feito, a depresión é un importante factor de risco relacionado co suicidio, pois actualmente trátase da segunda causa de morte entre as persoas de 15 a 29 anos de idade no mundo, segundo a OMS. Concretamente, a depresión maior supón un risco de suicidio 20 veces superior ao da poboación xeral, e en Europa representa máis do 7% da mortalidade prematura.

Cómpre sinalar que, contrariamente ao que pensa moita xente, a depresión non é o mesmo que “estar tristes”, unha idea que lle resta importancia a unha enfermidade altamente incapacitante. Trátase dunha confusión habitual porque aínda hai moito descoñecemento e falsos mitos cara a depresión, ademais dun gran estigma que provoca que en moitas ocasións non se fale con naturalidade desta afectación.

Recentemente, a OMS deu a coñecer que a depresión é a principal causa de problemas de saúde e discapacidade en todo o mundo. Segundo as últimas estimacións realizadas pola organización, máis de 300 millóns de persoas viven con depresión, un incremento de máis do 18% entre 2005 e 2015. En España, 2.408.700 españois sufriron depresión en 2015, unha enfermidade cuxa prevalencia representa o 5,2 % da poboación no noso país.
Segundo a directora xeral da OMS, a doutora Margaret Chan, “estas novas cifras son un chamado de atención a todos os países para que reconsideren os seus enfoques sobre a saúde mental e a traten coa urxencia que merece”.

A falta de apoio ás persoas con problemas de saúde mental, xunto co medo ao estigma, impiden que moitos accedan ao tratamento que necesitan para vivir vidas saudables e produtivas. FEAFES Galicia e como membro, A ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL A MARIÑA únense ás consideracións do Día Mundial da Saúde e fan un chamamento para que a saúde mental sexa tida en conta nas políticas sociais e sanitarias na medida que merece.

Exit mobile version