Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do grupo municipal de “foz, plataforma de futuro”, para instar ó Concello á colocación de dispensadores de bolsas para excrementos dos animais de compañía

Foz 25-4-17. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Son numerosas as queixas que recibimos día tras día da sucidade do noso Concello, non fai falla recorrer moitas rúas do noso casco urbano para poder comprobalo, sobre todo nas nosas beirarrúas. Son numerosos os veciños e veciñas que día tras día teñen que ir camiñando por elas e teñen que ir sorteando os excrementos dos animais de compañía. Nesta corporación xa se fixeron numerosas queixas por parte dos partidos da oposición a este respecto sen que se fixera absolutamente nada por parte do equipo de Goberno. Dende “Foz, Plataforma de Futuro” pedimos que se fixera unha campaña de sensibilización sobre este problema, cousa que non se realizou e o problema foise incrementando. Novamente volvemos a traer a un pleno este problema, e así mesmo unha posible solución para intentar mellorar o aspecto das nosas rúas, e que sexa máis fácil camiñar por elas sen preocuparse de levar un regalo para as súas vivendas. Entendemos dende a nosa formación que se debe dar un paso cara a diante para atallar este serio problema, e así mesmo, si non se atalla con esta solución que propoñemos deberíase empezar a sancionar como se está a facer noutros Concellos.

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Instar ó Equipo de Goberno ó equipamento de dispensadores de bolsas para excrementos dos animais de compañía, nalgunhas papeleiras das nosas rúas, como método de concienciación para os donos destes animais, como primeiro paso a intentar atallar este problema de sucidade e salubridade.

Exit mobile version