Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, para instar ó Ministerio de fomento a dar solución ó cruce da Gralleira-Ribela en Cangas

Foz 21-4-17.O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nos últimos meses dende “Foz,Plataforma de Futuro” vimos comprobando como se está a crear un problema inexistente con anterioridade na parroquia de Cangas, mais concretamente na estrada xeral o cruce que une os barrios da Gralleira e Ribela. Cando se fixo a nova estrada N-642 ó paso por esta parroquia quedou este cruce feito, así como a posibilidade de facer indistintos cambios de sentido, e a posibilidade de que tanto os veciños de Ribela como os veciños da Gralleira puideran coller este cruce para incorporarse e saír das súas vivendas sen ningún problema. Despois de pasaren moitísimos anos e sen que houbera problema ningún, un bo día, dende finais do ano 2016, os veciños de Ribela que van en dirección Foz-Burela non poden cruzar cara este barrio, as persoas que utilizan a estación de ITV, e usaban este cruce para volver dirección a Foz tampouco poden utilizar este cruce para volver cara Foz, e os veciños do barrio da Gralleira que queren saír cara Foz tampouco o poden facer.
Isto obriga a todos estes usuarios, a ir facer o cambio de sentido, a un cruce mais ou menos situado a 300 mts dirección burela, cruce coñecido como o do Centro Social de Cangas, onde por desgraza xa houbo numerosos accidentes e tivemos que lamentar xa algunha morte.
“Foz, Plataforma de Futuro” recibimos numerosas queixas de veciños e usuarios deste cruce, trasladámolas con anterioridade nesta Corporación, e observamos que o Equipo de Goberno tampouco non estaba de acordo con esta decisión que se había tomado e non se sabía moi ben por quen.
Neste tempo vimos como durante algún tempo se puido volver a cruzar,motivado a que se volveu a pintar liña descontinua para poder facer o cambio de sentido, pero ós poucos días se volvía a pintar a liña continua.
Dende a nosa formación, entendemos que esto deriva nun importante prexuízo para os veciños e usuarios desta vía, ademais de non haber sinistros neste cruce, o que nos fai difícil entender esta decisión.

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Instar ó Ministerio de Fomento, a que tome as medidas oportunas con quen corresponda, para volver a repoñer a liña discontinua como había con anterioridade na estrada N-642, no cruce de Ribela-A Gralleira, na parroquia de Cangas.
-No seu defecto, pedir os informes pertinentes as distintas administracións, que xustifiquen o cambio de criterio que había anteriormente e que hai a fecha de hoxe.

Exit mobile version