Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do PP de Viveiro para a construcción dunha area para autocaravanas

Viveiro a 25 de abril de 2017. O voceiro do Partido Popular de Viveiro, abaixo asinante, en nome propio e no do grupo municipal do PP, presenta ó Pleno, para o seu debate e aprobación se procede, a seguinte MOCIÓN PARA A CONSTRUCCIÓN DUNHA AREA PARA AUTOCARAVANAS

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O perfil de turista que viaxa en autocaravana está en auxe en España, crecendo día a día o número de afeccionados a esta modalidade, que lles permite facer viaxes con liberdade, sin horarios e gozando dos espazos abertos e da natureza.

Non hai moitos días saía publicado en distintos medios de comunicación como 200 autocaravanas recalaban en Samos en peregrinación a Santiago, enmarcándose esta reunión dentro da Eurocc 2017, que viñan de pasar a Semana Santa na cidade de León, onde por certo se xuntaron máis de 400 autocaravanas.

Por toda Galicia existen concellos que ofertan este servicio, sin ir máis lonxe concellos veciños coma Ourol , Foz ou a Pontenova.

Dende o PP de Viveiro pensamos que hai lugares idóneos para ubicar esta instalación, tal como pode ser a zona de Lavandeiras, aínda que pensamos que deberían de ser os técnicos municiapis os que determinasen e valorasen a idoneidade ou non desta ou outras zonas alternativas.
.
Para un concello turístico como é o noso, sería un punto máis a favor para atraer a persoas do ámbito nacional e internacional que viaxan desta forma, completando así unha amplia e variada oferta turística xunto coas que xa ofrece o noso Concello.

Por estes motivos, propoñemos ó Pleno da Corporación a aprobación dos seguintes acordos:

ACORDOS

1. A creación dunha area para autocaravanas.
2. Que o equipo de goberno, despois de recabar os informes técnicos pertinentes que determinen cal podería ser a ubicación máis axeitada, sinale o lugar máis apropiado para a súa construcción.

Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro do Grupo Municipal do PP

Á SRA. ALCALDESA DO EXCMO. CONCELLO DE VIVEIRO

Exit mobile version