Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do PP de Viveiro para a elaboración dun plan de saneamento plurianual para dotar deste servicio a todas as parroquias que carecen do mesmo

Pozo bombeo o Infante en San PedroViveiro a 28 de abril de 2017. O grupo municipal do PP ten traído en numerosas ocasións a diversos plenos rogos e preguntas sobre a falta de saneamento ou alcantarillado en parroquias como San Pedro , Chavín , San Andrés , Valcarría, asi como en barrios das parroquias de Covas , Galdo , Vieiro e Celeiro . Somos tamén conscientes que nos últimos anos se fixeron algunhas inversións para dotar ás parroquias de saneamento, tanto con fondos propios como a través de subvenciónns da administración provincial e autonómica. Lamentablemente, a día de hoxe, é moito o que queda por facer nas zonas rurais do noso Concello que en pleno século XXI se ven privados dun servicio tan básico e necesario como é este, supoñendo entre outros moitos inconvenientes, un claro exemplo de discriminación entre o rural e o casco urbano.
Dado que no referente a saneamentos, a competencia é municipal , que desde o noso grupo o que pretendemos é axudar a solucionar os problemas dos nosos veciños e que creemos firmemente en que a colaboración entre as Administracións é o mellor modo de acadar os mellores resultados,
Por estes motivos, solicitamos a esta Corporación a aprobación dos seguintes ACORDOS:
1 – Instar o equipo de goberno local xunto cos técnicos municipais, a que nun corto espacio de tempo, elaboren un plan de saneamento plurianual para dar servicio a todas as parroquias e barrios do noso Concello que a día de hoxe non dispoñen deste servicio básico.
2 – Instar á Sra Alcaldesa para que unha vez elaborado este Plan, realice todas as xestións necesarias ante outras administracións para acadar a colaboración económica que permita impulsar este Plan.

Celestino García Paz
Concelleiro do Grupo Municipal do Popular

Exit mobile version