Site icon Crónica3.com A Mariña

MOITAS OCURRENCIAS

Manuel Azaña, decía doctoral e malévolamente que “una cosa es pensar y otra tener ocurrencias ” .E, dende logo unha desas frases de intelectual que dita por un señor particular apenas provoca un leve sorriso, pero que cando son pronunciadas por próceres e eximios homes de letras transfórmanse en cultismos que trascenden as xeneracións.

Xa e moi coñecida a miña tese de que en Viveiro temos moi mala sorte cos politicos, pero o peor de todo é que os alcaldes mais que ideas tiveron ocurrencias, en tempos de Cesar Aja alguhas foron moi sonadas, lembro a de crear unha lagoa artificial nas dunas de Covas para criar patos e outras aves silvestres, tampouco tivo mal a de convertir as minas da Silvarosa nunha especie de Terra mitica, supoño que con escándalos e deudade incluidas, tamén falou nos papeis de convertir a Praza de Abastos da pescaderia nun invernadoiro con negocio de hosteleria incluido, o do Parador no vello Pazo da Misericordia, dun campo de golf e Parador na Insua ou de poñer un ponte colgante coma o de Bilbao sobre a ria e outro como o de Calatrava máis arriba, todo esto esta nas hemerotecas. Moitos destas ocurrencias teñen feito estudio anteproxecto e pagado e todo.

Pero aquí segueuse a vender aire e asi tamén unha morea de ocurrencia . Novo paseo maritimo de Covas con mais dun millón de euros de presuposto, un museo en Area, disque dos restos de Estabañon, que caben nun cesto, outro de Arte Sacra , Semana Santa incluida e outro no Pazo da Misericordia, Bienal de Maruja Mallo, fai 10 anos aprobouse a proposta nun pleno, Patronato de turismo municipal, tapar no mes de Agosto a Praza Maior e convertila nun galiñeiro mais, mercar esculturas de persoaxes de Viveiro e colocalas en xardins e prazas e outra que merece recordar hoxe, con motivo da visita do Ministro de Cultura de Zapatero que seique iba adicar a casa dos Malates a centro de interpretacion de Maruja Mallo e o seu irman Cristino, que por certo non naceu nin nunca estivo en Viveiro, ¿Saberán o que é un centro de interpretacion? axudémoslles, son catro fotos e reproducións en col da artista, da que por certo non se quixo adquirir ningunha obra, que ofreceu Vazquez Cereixo antes de morrer, unha das ultimas carpetas dos gravados de Maruja Mallo.

Falo de “cousas que se venderon como grandes ideas e hoxe por hoxe non son mais que ocurrencias, craro que o pobo ese gran sabio diceo de outra forma “Unha cousa e predicar e outra dar leite”.

Azaña diría o das ocurrencias, O que está moi craro é que os nosos políticos seña do color que sexan son expecialistas en predicar.

Exit mobile version