Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde e a concelleira de deportes de Foz recibiron aos focegos Ibán García e Lucas Suárez por ser campións de España de fútbol sala

220417 RECOÑECEMENTO A FOCEGOS CAMPIÓNS DE ESPAÑA DE FÚTBOL SALAFoz, 22 de abril de 2017. O alcalde e a concelleira de Deportes de Foz, Javier Jorge Castiñeira e Mercedes González Alonso, fixeron un recibimento aos focegos Ibán García e Lucas Suárez por ser campións de España de fútbol sala. O primeiro logrouno como adestrador da selección galega infantil e o segundo conseguiuno como xogador da selección galega benxamín.

Javier Jorge Castiñeira e Mercedes González Alonso desexáronlles que gardaran na súa memoria non só o éxito do campionato senón tamén o recoñecemento que lles brinda o seu pobo polos seus esforzos, que obtiveron unha gran recompensa. Os dous amosaron orgullosos as súas medallas e foron animados polo alcalde e a concelleira a seguir loitando e gozando do deporte. Ao acto tamén asistiu Christopher Diaz Linares, adestrador da AD Santiago de Foz, club no que xoga Lucas.

Exit mobile version