Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia que o o PP enganou ás veciñas e veciños da Mariña ao prometer unha praza de enfermeiría oncolóxica que o SERGAS di que non se vai crear

A Mariña, 20 de abril de 2017. A deputada nacionalista Montse Prado preguntou hoxe na Comisión da Sanidade do Parlamento sobre o cumplimento do acordo para a creación dunha praza de enfermería oncolóxica no Hospital da Costa. Ante a pregunta do BNG, o Xerente do Sergas, Antonio Fernández Campa, asegurou que a praza non se ía crear, que ese traballo xa o está facendo o persoal actual e non hai unha necesidade especial.

O Xerente do Servizo Galego de Saúde asegurou que prazas dese tipo existían noutros hospitais con maior número de pacientes, pero que no Hospital da Costa, dixo, ese traballo faino o persoal actual.
O BNG califica esta resposta de “indignante” e que “amosa unha absoluta falta de respeto polas veciñas e vecinos desta comarca”, asegura a responsable comarcal, Ana Ermida.

A creación da praza fora anunciada polo propio Partido Popular que, nun procedemento nada habitual, levara unha proposición non de lei á Comisión de Sanidade para instar á creación da praza. O acordo tomouse o 22 de decembro sen votos en contra, a pesar de que o BNG xa daquela calificaba como “insuficiente a creación dunha única praza, xa que as necesidades do hospital de Burela son moito maiores”.

A responsable comarcal reta ao deputado mariñao, Daniel Vega, que defendeu aquela iniciativa a que “dea a cara e teña a desvergoña de explicar a mariñaos e mariñás que fixeron un anuncio deste tipo nun tema tan sensible como a área de oncoloxía co único fin de publicitarse.”

En decembro aseguraban –os deputados do PP- que “comezamos esta lexisltatura como rematamos a anterior: con propostas en positivo para a mellora do sistema público de saúde na comarca norte lucense” dicía Encarna Amigo.

Ana Ermida asegura que “é certo: comezaron esta lexislatura igual que remataron a anterior e igual que o levan facendo todos estes anos: ríndose das veciñas e vecinos desta comarca e utilizando a sanidade e o Hospital da Costa para lanzar anuncios no seu único interese partidista. Non teñen vergoña, nin respecto, nin son dignos de representar esta comarca. Estamos fartas de que utilicen o Hospital da Costa para facer propaganda, mentras os problemas para persoal e persoas usuarias medran cada día” afirmou.

A deputada do BNG no parlamento, Montse Prado, acusou ao Partido Popular de “engañar a toda a poboación da Mariña anunciando unha praza que non vai existir e creando falsas expectativas na xente”.
Desde o BNG aseguran que esto é unha ofensa absoluta para esta comarca, e especialmente para todas as persoas que fan uso dun servizo tan importante e delicado como é a área de oncoloxía. Non podemos permitir que esto quede así”.

Exit mobile version