Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo mellora e amplía o alumeado público da Avenida da Veiga, baixo criterios de eficiencia enerxética

100417 mellora alumeado públicoCervo, 10 de abril de 2017.- O Concello de Cervo vén de mellorar e ampliar o alumeado público da Avenida da Veiga, de San Cibrao.

En concreto, tal e como explicou o alcalde, Alfonso Villares, “substituíronse as lámpadas existentes de vapor de sodio por outras tipo led, coas que obteremos unha mellor eficiencia, mantendo a calidade da iluminación.

Ademais, instaláronse 11 novos puntos de luz en toda esa Avenida para reforzar a iluminación nunha zona moi transitada polos veciños de San Cibrao, sobre todo nesta época na que se achega o bo tempo”.
As novas luminarias –engadiu- “permitirán un aforro enerxético que estimamos cercano ao 50%, polo que ao tempo que melloramos o alumeado público do Concello, conseguimos reducir o consumo eléctrico, e por conseguinte, tamén, reducir o importe da factura eléctrica”.

“Actuacións como esta que vimos de levar a cabo, van na liña de traballo que temos definida dende o Concello, na que pretendemos brindar, na medida do posible, os mellores servizos aos nosos veciños, ao tempo que contribuímos a aforrar e optimizar o uso da enerxía, racionalizando o consumo das instalacións municipais”.

Os traballos supuxeron unha inversión de 23.000 euros, froito dun convenio suscrito coa Deputación Provincial.

A instalación xa está a punto, e esta mesma semana procederase ao acendido das novas luminarias.

Exit mobile version