Site icon Crónica3.com A Mariña

O futuro da elite en 40 minutos

saida-zaragoza17Burela 26-4-17. O Pescados Rubén Burela FS pechará a súa quinta tempada na elite pelexando por seguir tendo o privilexio e orgullo de pertencer á mellor liga do mundo. 40 minutos fronte ao UDDM Levante (12ª praza) separan os mariñáns da salvación este venres en Vista Alegre (21.15 h. –horario unificado-), dependendo ademais doutros resultados. O partido poderá seguirse en directo coa LNFS por streaming.

“É a semana máis transcendental de nosa traxectoria en Primeira, xogámonos o futuro na categoría; temos que conseguir a vitoria como sexa” dicía contundencia o capitán laranxa, Edu.

Con 24 puntos, os burelistas ocupan a penúltima praza, con 1 punto de desvantaxe sobre Plásticos Romero Cartagena e 3 sobre Gran Canaria FS. Vista Alegre volverá erixirse como o principal baluarte para cumprir o primeiro obxectivo laranxa, os tres puntos: “Nas últimas estamos sendo fortes na casa, a xente estanos apoiando bastante. Iso dá confianza no xogo, máis ocasións de gol, intensidade defensiva… Esa é a chave. Vista Alegre ten que volver ser coma estas últimas semanas para sacar os tres puntos” aseguraba o meta naronés, incidindo nos condicionantes para asegurar a continuidade na máxima categoría, dependendo de Cartagena (25 puntos) e Gran Canaria (27 puntos): “Temos que facer o noso traballo e despois esperar que tanto Santiago Futsal –con Cartagena- coma Palma –con Canarias-, que se xoga moito para quedar cuarto, nos boten unha man e así poder seguir en Primeira”, advertía o 1 laranxa.

Entrada gratuíta

Vista Alegre terá abertas as súas portas de forma totalmente gratuíta ata as 20.30 h. A partir desa hora, tamén accederán gratis os afeccionados/as que acudan vestidos de laranxa. O club facilitará aplaudidores, gorras e outras sorpresas para asolagar de laranxa a bancada da Bomboneira.

Exit mobile version