Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP considera que “o goberno socialista burelés non cumple coas súas obrigas no mantemento e conservación dos ‘CEIPS’

Burela, a 28 de abril de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela considera que “o alcalde non está cumplindo coas obrigas que a lei lle asigna ós concellos en materia de mantemento e conservación dos centros de infantil e primaria, á vista das queixas manifestadas pola ANPA do CEIP ‘Virxe do Carme’ nos últimos días”.

Os concelleiros populares consideran que “boa parte das demandas da ANPA do ‘Virxe do Carme’ veñen derivadas da ausencia de actuacións de mantemento e conservación por parte do Concello, infinitamente lonxe dos traballos que fixo o anterior goberno municipal do PP. Á vista das demandas da ANPA, está claro que o concello pouco ou nada fixo durante o verán pasado, época na que hai que levar a cabo os labores de mantemento solicitados polos centros. E constatando que o concello non respostou ó escrito da ANPA, semella que pasa olímpicamente das peticións que se lle formularon, e que non existe moito diálogo constructivo entre ANPA e alcaldía. Como se ve, o alcalde non fai”.

O GMP afirma que “o feito de que o alcalde e o concelleiro de obras fosen ontes polo colexio, anunciando a visita a bombo e platillo, demostra que en dous anos non apareceron polo centro, e fano para non asumir responsabilidades, non facer o que tiñan que ter feito e buscar culpables onde non os hai”.

Desde o GMP lamentan que se teña chegado a esta situación, que nunca antes se tiña dado. “O anterior goberno municipal do PP preocupouse mui moito de facer actuacións neste centro: pista descuberta, pintado interior e arranxo dos vestiarios do pavillón, zona de xogos infantís en colaboración coa ANPA, e por suposto os labores de mantemento e conservación en tempo e forma. E por riba xestionamos actuacións da Xunta, que logo o alcalde se preocupou de torpedear na prensa para tentar parar as obras, pedindo informes municipáis que logo non apareceron…, para nada; en definitiva, actuando con enorme irresponsabilidade. Como se ve, o alcalde non deixa facer”.

O GMP burelés cré que “os pais e nais deben ter a información correcta sobre as obrigas que son competencia do concello; esas obrigas comprenden as seguintes actuacións:
•No interior: pintura, reparación de carpintería, reposición de portas e outros elementos de carpintería, manillas de portas, cristais rotos, reposicións de bombillas, fallos de electricidade, roturas de tuberías tanto sanitarias como de calefacción ou fecais, fallos no funcionamento da caldeira, limpeza de fosas sépticas, etc
•No exterior: goteiras no tellado, limpeza de canalóns e reposición de canalóns e baixantes; pintura, reposición de cristais, limpeza e axardinamento de zonas exteriores e de patios de xogos, conservación e reposición de xogos para alumnos de infantil, desatascamento de conduccións de augas, conservación dos peches perimetrais e das portas de acceso de modo que se impida o libre acceso dende ou para o exterior, etc.

Tal e como recolle o Pacto Local asinado entre o bipartito da Xunta e a FEGAMP en 2007, e que o alcalde e os concelleiros de Obras e Educación deberían coñecer, ainda que sabemos que nin un nin o outro están mui interesados neste asunto”.
Os populares esíxenlle ó alcalde e ó goberno municipal que cumplan coas súas obrigas no centro, e que non se preocupen da Xunta. A Xunta actuará en función dos seus criterios, deso pode estar seguro o alcalde, pero non porque o indique o alcalde, quen por certo en dous anos non pisou a consellería”.

Exit mobile version