Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP de Burela afirma que o alcalde incumple a ordenanza municipal sobre o pago da contribución

Burela, a 7 de abril de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela considera que “o alcalde non está defendendo os intereses dos veciños xa que está incumplindo a normativa municipal no que se refire ó período de pago da contribución urbana por parte dos cidadáns, dado que este ano este período será do 15 de setembro ó 15 de novembro, tal e como se recolle da acta da sesión da Xunta de Goberno muncipal de 1 de marzo do presente ano, cando a ordenanza municipal é mui clara; ordenanza que di textualmente no seu artigo 6.3 que ‘a domiciliación do Imposto sobre Bens Inmobles implicará o seu fraccionamento en dous períodos, de xeito que o primeiro cargo realizarase o día 5 de xuño polo importe do cincuenta por cento do recibo, e o segundo cargo realizarase o día 5 de outubro polo restante importe do cincuenta por cento do recibo’”.

O GMP tamén lembra que, no caso dos recibos non domicilados, a ordenanza, no seu artigo 6.1 di que “…preferentemente o calendario do contribuínte estará comprendido entre o 1 de xuño e o 31 de xullo…”.

A modificación da ordenanza municipal levouse a cabo no pleno do 10 de outubro de 2013, e contou cos votos a favor do POSE, polo que os edís populares afirman que “este comportamento do alcalde vai contra unha normativa que él mesmo aprobou, que é de obrigado cumprimento, tanto para o alcalde coma para a Deputación. A Deputación tén a obriga de cumplir a normativa, e o alcalde tén a obriga de esixirlle á Deputación que a cumpla e que respecte a autonomía municipal, máxime tendo en conta que o pago en recibo único pode xenerar problemas nas economías familiares”. As dúas modificacións posteriores, de 25/09/2014 e de 07/11/2016, afectaron exclusivamente ó tipo impositivo.

Os edis populares afirman que “a competencia normativa sobre o imposto de bens inmobles, a contribución, é exclusiva do concello. O concello é quen fixa os tipos impostivos, o réxime de cobranza e os prazos; o único que fixo o concello no seu día foi ceder a capacidade de xestión do cobro á Deputación, xestión que pode recuperar cando queira. Polo tanto, a responsabilidade exclusiva é do concello, algo que debería saber o alcalde, que tamén debería saber que incumplir unha normativa municipal é unha ilegalidade”.

Desde o GMP lamentan o comportamento do alcalde, que “se prega ós intereses da Deputación, á que lle sae máis barato emitir todos os recibos xuntos e de forma única, e dalle as costas ós intereses das familias e veciños”.

Exit mobile version