Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP de Burela asegura que “as vantaxes anunciadas polo alcalde na recollida de lixo non se ven por ningures”.

Burela, a 27 de abril de 2017.- O Grupo Municipal Popular burelés asegurou hoxe que “prácticamente un mes despois de que o servicio de recollida de lixo e limpeza viaria esteñan sendo xestionados por outra empresa, as vantaxes anunciadas polo alcalde neste asunto non se ven por ningures e por riba continúan os problemas no servicio. O alcalde quere vendernos que estamos no concello máis limpo do mundo con un servicio perfecto, cando resulta ser todo o contrario”.

Os populares afirman que “tal e como advertimos hai un par de semanas, temos que reiterar que sigue habendo graves fallos na organización do traballo no servicio de recollida de lixo e limpeza viaria, organización que é responsabilidade exclusiva do alcalde, do seu tenente de alcalde e da concelleira de medio ambiente. A pesares dos intentos do alcalde de demostrar que as cousas van ‘de maravilla’, o único maravillado debe ser el, xa que nin tan siquera pode vender como logro que se esteñan cambiando contenedores usados, por certo, bastantes en bon estado de conservación, por uns novos”.

Para o GMP, “os problemas están aí: unha barredora que leva un mes parada; un camión de recollida parado, por non sabemos qué motivos; o outro camión de recollida estivo a semana pasada traballando parece ser que sen ter pasada a ITV, co conseguinte risco que se pode derivar; non se tén aumentado nin un só posto de traballo dos que a bombo e platillo anunciou o alcalde, máis ben se tén perdido alomenos un; o centro da vila está sempre sen barrer polas mañás e non se barre hasta a tarde; o servicio de recollida de papel e cartón está usando un vehículo que propicia que o que antes se facía nun día agora precise dous; como só hai un camión de recollida operativo, resulta que hai días nos que se fai a recollida de lixo durante a noite e despóis o mesmo camión fai a recollida selectiva; etc, etc. Se todo esto non son problemas, non sabemos a qué lle teremos que chamar ‘problema’ ”.

Os edís populares consideran que “todo esto se pode e se debe correxir de inmediato, e os responsables están na alcaldía e no goberno municipal, ainda que sabemos positivamente que dirán que a culpa non é súa e de que todo vai mui ben. O asunto era tan sinxelo que á nova empresa só había que decirlle que, de momento, seguirá facendo as cousas como se estaban facendo, e os posibles cambios introducilos paulatinamente. Pero resulta que o goberno municipal considérase o máis listo do planeta e así teñen o servicio. E se en algo estivera fallando a empresa, deberíaselle apercibir de inmediato e mesmo telo en conta á hora do abono das facturas, tal e como marca o pliego de condicións da concesión do servicio”.

Exit mobile version