Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación apoia a Feira do Ferro de Riotorto

FEIRA DO FERRO-RIOTORTORiotorto 16-4-17. O Goberno da Deputación pon a disposición do Concello de Riotorto 20.000 euros para a Feira do Ferro. Trátase da mesma cantidade que xa achegou o ano pasado, convertendo a Deputación ese ano na institución pública que máis invistiu nesta cita. A cantidade que facilita para este ano forma parte dos 224.132 euros que o Executivo l leva ao municipio de Riotorto, a través do Plan Único da Deputación. Ademais a Deputación tamén colabora coa feira a través da TIC, que elaborará unha reportaxe e un documental coa testemuñas dos ferreiros.

A inauguración oficial da Feira comezou coa lectura do pregón, que este ano correu a cargo do xornalista lucense de TVE, Orestes Currás Ordóñez

Exit mobile version