Site icon Crónica3.com A Mariña

O libro Vinte obras de teatro afeccionado, de Pepe Peinó, presentarase o 6 de maio no salón de actos do Concello de Lourenzá

Este evento, organizado pola Concellería de Cultura, contará coas intervencións de Pepe Peinó e de Antonio Jesús Lorenzo Cachín. Durante a presentación representarase un fragmento da obra Non volvas, Salustio, non volvas, que será interpretada por Antonio Jesús Lorenzo Cachín, Juan García e o propio autor. A continuación poderanse mercar exemplares do libro e o autor asinaraos.

Exit mobile version