Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP reclama ao Alcalde de Ribadeo que actúe para evitar que continúen producíndose cortes de subministro eléctrico que causan prexuízos a empresas e particulares

Ribadeo, 25 de abril de 2017. O Partido Popular de Ribadeo reclama ao alcalde que actúe para evitar que continúen producíndose cortes de subministro eléctrico no municipio, que nos últimos días causaron importantes prexuízos a empresas e particulares.

O portavoz do PP no Concello ribadense, Jesús López Penabad, explicou hoxe que “é palpable por parte de todos os veciños os constantes cortes de luz que estamos padecendo en Ribadeo. Xa sabemos que a Alcaldía non é responsable do subministro nin da rede eléctrica, pero como representante de todos os veciños creo que debería tomar cartas no asunto e esixir que se mellore esta situación”.

Jesús López Penabad engadiu: “teño 45 anos e isto faime recordar a época de neno, na que cando había un pouco de vento íase a luz. E agora os cortes en Ribadeo son continuos, o que ocasiona un gran malestar nos negocios, como por exemplo na hostalería, e nos veciños en xeral. E desde a Alcaldía só hai o silencio por resposta. Creo que é un problema que ocasiona malestar e incomodidade, polo que consideramos que a Alcaldía debe actuar como representante de todos os veciños e mostrar as queixas para intentar subsanar estas deficiencias tan palpables para todos os ribadenses”.

Exit mobile version