Site icon Crónica3.com A Mariña

O programa da semana santa de San Martiño, que contou con numerosas actividades, remata este domingo de resurrección

150417 SEMANA SANTA SAN MARTIÑO (3)Foz, 15 de abril de 2017. O programa da Semana Santa da parroquia focense de San Martiño, que contou con numerosas actividades, remata este domingo de resurrección, xornada na que tamén será clausurada a XIV edición da Semana da Música Xosé Alonso.

O Mércores Santo tivo lugar na igrexa de San Xoán de Vilaronte un concerto a cargo de Felipe Sánchez e África Rodríguez e despois celebrouse o Oficio de Tabras para rematar coa procesión da Dolorosa con candeas ó redor da igrexa.

O Xoves Santo desenvolveuse a Misa da Cea do Señor co acto do Lavatorio de pes oficiada por Alejandro Piñón, sacerdote de As Pontes, e na que se escenificou a Última Cea do Señor con traxes e utensilios típicos daquela época.

O Venres Santo, foi a xornada con máis actividades, xa que houbo Vía Crucis no interior da basílica co Acto do Cravado de Xesucristo na Cruz, o Acto das Sete Palabras, concertos do Coro Parroquial de Foz, Acto do Desencravo e procesión do Santo Enterro polo barrio medieval do Caritel.

As actividades rematarán mañá, Domingo de Resurreción, día no que haberá á unha da tarde na basílica misa cantada, despois terá lugar o concerto a cargo do grupo A.C. Brigantia, co que será clausurada a Semana da Música Xosé Alonso e concluirán os actos coa solta das pombas da paz no adro da basílica.

Exit mobile version