Site icon Crónica3.com A Mariña

O PsdeG-PSOE de Mondoñedo critica o estado de abandono no que se atopa o cemiterio vello da cidade

OLYMPUS DIGITAL CAMERAMondoñedo, 13 de abril de 2017. Os socialistas de Mondoñedo critican “o estado de abandono no que se atopa o Cemiterio Vello da cidade, un dos lugares turísticos máis visitados por todos os viaxeiros que se achegan a cidade”.

“O Goberno de Candia en plena Semana Santa ten desatendidos un por un os recursos turísticos da cidade, primeiro son as rutas, e agora é un recurso turístico que está en pleno centro da cidade, a 50 pasos da Catedral, o cemiterio vello”.

Esperanza González lembra ademais que neste cemiterio están soterrados os persoeiros culturais máis relevantes da cidade, como Álvaro Cunqueiro, Pascual Veiga, ou Leiras Pulpeiro, entre outros, “este abandono amosan o verdadeiro desleixo de Candia co patrimonio material da cidade, que entre todos debemos preservar”.

Ademais lembra que esta mesma semana o Concello presentou uns manteis para promocionar a cidade. “Insisto a única promoción que precisa a cidade é manter os seus recursos turísticos en condicións de ser visitados, e non o abandono total que sofren diariamente”.

“Candia só goberna a golpe de facebook, de wasap e de nota de prensa, pero Mondoñedo non precisa community manager, precisa un goberno que se preocupe polos recursos da cidade, sen estar pendentes de saír ou non nunha nota de prensa, ou nunha foto”, advertiu.

González empraza a Candia a que previamente antes de promocionar algun dos nosos múltiples recursos turísticos, se preocupe de adecentalo previamente.

Exit mobile version