Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz pregúntase cando será o día no que, o alcalde de Foz, mire polos intereses dos veciños

Foz 03-04-2017.- Diante do voto en contra, tanto do PP coma do BNG, á moción presentada polo partido socialista para instar á Xunta a demorar a entrada en vigor do Decreto de ordenación de apartamentos turísticos e á revisión dos requisitos a aplicar  nos casos de alugueres de vivendas particulares, compre aclarar:

Os socialistas en ningún momento negamos á regulación deste sector turístico, nin a que o parque de vivendas en aluguer de particulares sexan de calidade, o que si pensamos é que son demasiados os requisitos esixidos a particulares o que vai facer que moitos propietarios desistan de alugar.

Foz non conta con unha oferta hoteleira suficiente para cubrir a demanda de todos os visitantes que recibe no verán. Non sería bo, nin para o sector da hostalería nin para o comercio,  que por falta de aloxamentos se deixasen de recibir turistas.

Non pensamos que se deba considerar “empresarios do sector turístico” a veciños que alugan a segunda vivenda ou incluso a propia polo verán.

Non se trata de potenciar a economía sumerxida nin a competencia desleal, como pretenderon facer ver tanto o PP coma o BNG.

Tratábase de instar á Xunta a flexibilizar os numerosos requisitos esixidos no Decreto, para adecualos á  realidade e que non supuxesen trabas, en moitos casos insalvables, aos alugueres.

A solución a estas trabas, que xa empezan a ver os nosos veciños tras coñecer o Decreto, non pode ser “que contraten unha xestoría que para iso están” como sentenciou o BNG, nin negándose a solicitar da Xunta de Galicia flexibilidade e trato diferenciado para estes alugueres, ou demandándolle mais consenso e o diálogo co sector implicado.

Unha vez mais vemos como o Alcalde antepón á Xunta de Galicia aos intereses dos veciños do seu pobo, co BNG facéndolle os coros.

Si tanto PP coma BNG non queren defender aos veciños de Foz, farémolo os socialistas.

 

 

 

Exit mobile version