Site icon Crónica3.com A Mariña

OS CEOS DE CARRERO

Vese que neste país de vellos, no que aínda se funden vivencias de dúas “culturas” políticas diversas, a ditatorial e a democrática, as novidades crean moita polémica.

Saímos das cavernas porque a mocidade tira cara a adiante e non se conforma cos estereotipos herdados. Pero aínda hai xente, moita xente, demasiada talvez, que bota de menos a man dura e está disposto a utilizar torticeramente os propios instrumentos democráticos contra os mesmos demócratas que somos todos os demais.

Non soio e o partido ultradereitista tan unido á infausta ditadura franquista, Falange Española, o que non quere que se revisen os crimes tan apañadamente ocultados durante tantos anos de falseamiento da historia a través dos seus “gloriosos” documentos. E son os de sempre, non cambiaron, aínda que xuren e perjuren sobre o texto constitucional, o seu obxectivo é o mesmo, a exaltación da “manu militari” e o uso da forza para impoñer por encima de todo e de todos o seu criterio de mando único e sen trabas legais inoportunas. Pero como non poden, utilizan as inxurias e o enfangamiento para crear confusión e discordia, a súa especialidade.

Que pasa porque os cidadáns saian a defender públicamente ao xuíz que os protexe? E digan públicamente que outros xuices estan condeando a xente que conta chistes de vellos dictadores. ¿Respecto ao poder xudicial? que eles non practican e co que trapichean si poden e déixanlles, con tal de que non se remova a sanguinaria limpeza socio-ideolóxica instigada, practicada e encuberta polos seus devanceiros. Si non hai nada “horribilis” que ocultar A que vén tanta preocupación?

Unha vez máis somos a vergonza no cuchicheo de Europa. Quen dividiron aos españois levándonos a unha guerra fratricida coa subseguinte espantosa ditadura causante do atraso económico e cultural que aínda arrastramos, son os mesmos que agora nos queren dividir apartándonos do noso “dereito a saber” e coñecer nosa propia historia, para xulgar aos “fillos de puta” e relegálos ás páxinas negras que lles corresponden.

Pero o peor lastre que nos ralentiza é que a dereita democrática, que nos goberna este país, achégase demasiado a esa outra ultradereita que nos atemoriza.

Exit mobile version