Site icon Crónica3.com A Mariña

Os tres tenedores con “petiscos musicais” en Burela

Burela 19-4-17. A Biblioteca Pública Municipal de Burela e a Consellería de Cultura , Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia , presenta o programa Ler Conta Moito , para a dinamización da lectura nas Bibliotecas integradas na Rede .

Dentro das actividades de animación á lectura, e para conmemorar o Día do Libro (23 de abril), a BIBLIOTECA de BURELA achega a tódolos seús usuarios a actividade: OS TRES TENEDORES, coa proposta “Petiscos Musicais”.

Dirixida para tódolos públicos, a entrada será libre, o vindeiro sábado 22, ás 18:00 horas no Audiotorio da Casa da Cultura.

Os Tres Tenedores preséntanos un novo menú : mostra de diversos tipos de instrumentos, construción con materias de refugallo, estilos musicais, ritmos diversos e fermosas cancións, que farán desta viaxe a máis musical das aventuras.

Exit mobile version