Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do libro “BirdFlyway. Un viaje en familia por La ruta de las aves”, na Casa das Letras de Ribadeo

O próximo venres, 21 de Abril, terá lugar a presentación do libro “BirdFlyway. Un viaje en familia por La ruta de las Aves” (Lynx Edicions, 2016), na Casa das Letras de Ribadeo.

O autor, Antonio Sandoval Rey, é un coñecido ornitólogo, escritor e comunicador ambiental, que xa estivo en Ribadeo para presentar a sua obra “Para qué sirven las aves” en febrero de 2013.

O traballo actual relata as experiencias dunha familia que percorre a ruta migratoria dos ánsares, dende o norte de Finlandia ata Andalucia, facendo estadías nos diferentes países europeos e ouservando outras especies de aves e mais os espazos e medios naturais onde fan as paradas para descansar e alimentarse. O libro non so é instructivo, senón tamén interesante e divertido ao compartirse as vivencias da familia cos elementos naturais do percorrido. O autor conquire unha forma de mimesis aves-humáns-aves, que rebasa amplamente o que sería a simple descripción expositiva, dentro dun contexto vivo e dinámico que ten moito de poético e suxerente. A lectura é moi amena, tanto para nenos como maiores, e vai moito mais alá dunha simple lección de ornitoloxia.

O sábado haberá tamén un roteiro pola costa de Vilaselán e Piñeira, partindo da Illa Pancha, baixo a dirección de Antonio Sandoval e o ornitólogo ribadense Oscar Chao Penabad que fará a presentación do autor.

A organización corre a cargo do Colectivo “Por Nuestro Faro” e a Casa das Letras.

Exit mobile version