Site icon Crónica3.com A Mariña

Preséntase en Mondoñedo a quinta edición de “No bico un cantar”

Compostela 18-4-17. O Salón de Plenos do concello de Mondoñedo acollerá este mércores 19 de abril de 2017 ás 11 horas a presentación da quinta edición de “No bico un cantar”, un programa de carácter didáctico e cultural que xunta música, poesía e mocidade e que se celebrará na cidade mindoniense o 2 de xuño.

Na presentación participarán Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Maximino Zumalave, membro do Consello da Cultura Galega e director musical da actividade, Anxo Lorenzo, secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e Elena Candia, alcaldesa de Mondoñedo.

Trala presentación, os participantes no acto desprazaranse á Praza da Catedral para realizar unha fotografía conxunta

Exit mobile version